O domingo 29 de maio celébrase nas pistas de atletismo do Campus de Ourense unha nova edición deste torneo atlético.

Todo listo para o Ourense Termal Athletics Meeting

Durante a xornada matinal do domingo serán arredor de 300 os atletas participantes. Desde as 11 e ata pasadas as tres da tarde haberá un total 28 probas da cales oito serán para escolares.

Debido á alta demanda de participación, desde a organización, tiveron que facer unha selección das mellores marcas xa que foron superadas as maiores expectativas de inscritos.

Volverán a escena atletas xa coñecidos para o público ourensán como Alfonso Palomanes, Alejandro Fernández, Tariku Novales, Leticia Fernández, Denis Galán (actual recordman galego de 100 metros), entre outros.
Nesta ocasión varios son os atletas que representan a equipos de fóra da nosa comunidade como poden ser o Tenerife Cajacanarias, Playas de Castellón, FC Barcelona, Cayon Helios Dica, Benavente,…

Tamén chegarán de Venezuela dous atletas. Nercely Soto, que participará nos 100 metros lisos e Alberth Bravo, que o fará nos 200 e nos 400.

Desafío
Previo ao meeting celebrarase, para todo o mundo un desafío de 100 metros. Todos os que estén anotados correrán a proba do hectómetro e o seu tempo será medido por xuíces de atletismo, outorgando validez ao tempo empregado.