Marco Rocha compartirá co público ourensán un encontro no que explicará a metodoloxía e pasos seguidos nun caso de éxito, coma o seu, á fronte da comunicación dun xigante informativo como é a selección española de fútbol a través da súa conta oficial de Twitter @Sefutbol.
Esta actividade está organizada polo Concello de Ourense e a Deputación Provincial de Ourense. As persoas interesadas poden inscribirse gratuitamente a través da páxina web de La Molinera www.lamolinera.net. A xornada prevé tamén sorpresas e sorteo de agasallos entre os asistentes.
“A selección @Sefutbol tamén xoga nas redes sociais” é o título desta xornada, coa que o Centro de Coñecemento Municipal La Molinera dá continuidade ás súas actividades divulgativas das tecnoloxías da comunicación e da información, relatando casos de éxito protagonizados por profesionais ourensáns. Foi o caso tamén de Pablo González, deseñador de xoguetes na empresa Lego, quen relatou as súas experiencias na xornada de apertiura de La Molinera o pasado 8 de abril.