- Este evento ha pasado.
Presentación do libro «Beatriz y la loba»
1 junio, 2016 @ 7:30 pm - 8:30 pm
O mércores 1 de xuño, ás 19:30 horas, a Biblioteca Municipal do Concello de Verín acolle a presentación doa libro «Beatriz y la loba» de Concha López Llamas.
Trátase dunha novela que conta as historias paralelas de Beatriz, unha nova zamorana do barrio de Oliveirais, e Oak, unha lobezna nada nas saias da Serra da Cabrera. A violencia de xénero e de especie, que algúns machos de Homo sapiens infrinxen ás súas femias e aos cánidos salvaxes, constitúese no fío condutor entre a vida de Beatriz e de Oak. No traxecto vital que realiza cada femia para sobrevivir, vanse retratando aspectos esenciais da cultura de cada especie e dos efectos da interacción entre as mesmas. En Beatriz e a loba, a natureza da comarca zamorana da Carballeda, é moito máis que o marco no que se desenvolve a novela. A enerxía vibrante e sutil das especies que a poboan, das súas augas e das súas penas cristalinas, fortalece o latexado dos corazóns das dúas femias feridas, e o paso ou o trote de muller e loba, en pos dunha vida digna.