Este venres votase a proposta do grupo de goberno do Concello de Ourense sobre dar unha subvención nominativa ao CO B mediante modificación orzamentaria.
Primeiro foi Democracia Ourensana o que dixo que era interesante a proposta pero que votaría en contra, xa que segundo palabras do seu líder, Gonzalo Pérez Jácome, «o espectáculo debeno pagar os espectadores».
Despois saíu José A. Vázquez Barquero. O portavoz do grupo socialista do Concello de Ourense reiterou que votarían a favor de conceder unha cantidade acorde ao porcentaxe de accionariado que ten a administración local. Esta está no 22%. O que levaría a aceptar unha subvención de algo máis de 600.000 euros, moi lonxe do millón e medio que necesitaría o club.
Finalmente Ourense en Común explicou nunha asamblea a situación do club durante tres horas que durou a xuntanza. Primeiro expuxéronse os libros de contas do club e o informe socioeconómico no que se basea a solicitude de subvención. Despois houbo unha rolda de preguntas para resolver dúbidas aos asistentes. E finalmente, e a micro aberto mifestáronse as diferentes posturas.
Posteriormente levouse a votación e decidiuse tras 27 votos en contra e 14 a favor non votar a favor da subvención nominativa.
15 de xuño
Se finalmente se bota atrás esta proposta quedarían 12 días para buscar outras alternativas para lograr os 3 millóns de euros que fan falta para acceder á ACB. Desde a Deputación sempre mostraron o seu apoio incondicional ao club pero tamén advertiron que porían a mesma cantidade que a institución local. Podese dar a circunstancia que a Deputación de marcha atrás e tampouco queira apoiar co millón e medio de euros como non fará o Concello.