O vindeiro martes 7 de xuño, a Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín abre o prazo de inscrición para participar nunha nova edición do Campamento do Invernadoiro que terá lugar do 22 ao 27 de agosto.
Esta iniciativa permite aos/ás rapaces/zas recibir unha educación ambiental e ecolóxica, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre os/as mozos/as e co entorno. Unha iniciativa programada co obxectivo de ocupar o tempo de lecer dos/as rapaces/zas, nun lugar idóneo como é o parque do Invernadoiro, tanto pola súa infraestrutura como polas rutas de sendeirismo, que permite unha inmersión na riqueza ambiental da zona a través do xogo e diversión.
Os dereitos que adquiren os/as mozos/as inscritos/as son: manutención en réxime de pensión completa, materiais necesarios para as actividades, equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural; actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia, rutas de sendeirismo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadoiro realizadas por biólogos, seguro de responsabilidade civil e accidentes e atención sanitaria, si fose necesaria.
A actividade está destinada a mozos/as con idades comprendidas entre os 8 e 15 anos, consta de 50 prazas e a cota é de inscrición e de 110 euros para empadroados no Concello de Verín, e de 130 euros para non empadroados. Os/as interesados en realizar a inscrición ou ampliar información deben facelo na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa da Xuventude (Avda. de Portugal, 11 BIS) ou no teléfono 988 414 776.