Sustinea quere festexar o Día Mundial do Medioambiente este domingo 5 de xuño co desenvolvemento do 1º ECO-Mercado de Pereiro de Aguiar con produtores ourensáns de produtos ecolóxicos e artesanía.
Este mercado estará ubicado no parque de Loñoa de Pereiro a partir das 10 da maña ata ás 15 horas aproximadamente. E contará coa presenza de 20 postos de produtos artesanais e de produción ecolóxica locais e da provincia, entre os que se atoparán produtos téxtiles, cervexas, queixos, produtos de hixiene, alfarería, cestería, mel…
Ademais, para os máis pequenos haberá un obradoiro de cestería con papel ŕeutilizado. E para amenizar o mercado, haberá unha pequena foliada.