A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación da obra de acondicionamento de gabias na estrada OU-402, no concello de Toén. O DOG sinala o vindeiro día 4 de xullo como data límite para a presentación de ofertas.
No que se refire ás actuacións na OU-402, en Freixendo, no municipio de Toén, contarán cun investimento de máis de 105.000 euros e un prazo de execución de tres meses aproximadamente.
Para levar a cabo estas obras actuarase na marxe esquerda da estrada, entre os PK 6+530 e 7, mediante a execución de beiravías transitables e que permitan a recollida de augas de drenaxe. Tamén se construirán dous pequenos tramos de muro de contención e colocarase lousa que servirá de obra de paso sobre un regato canalizado, protexéndose ambos con varandas. Estas obras completan a actuación realizada o ano pasado pola Xunta de Galicia neste treito para solucionar un problema de drenaxe.