Co gallo da celebración do primeiro ano desde as eleccións municipais 2015, Ourense en Común celebra en aberto e na rúa unha xornada para render contas, reflexionar e celebrar cunha festa este 1º aniversario. Será a partir das 19:30 horas na Burga do Medio.
Os tres concelleiro de Ourense en Común farán unha pequena síntese da política municipal neste ano. Ledicia Piñeiro fará unha análise da política social, cultural, persoal e de contratación do Concello de Ourense; Miguel Doval analizará a política en materia de medio ambiente, infraestruturas, participación cidadá, comercio e emprego do Concello de Ourense; e Martiño Xosé Vázquez sintetizará este primeiro ano de Ourense en Común na institución
A «marea» ourensá ten preparadas pílulas audiovisuais para proxectar e por suposto haberá reflexión conxunta e sesión de micro aberto. «Estar xuntas e con bo ambiente será boa ocasión para detectar retos, erros, acertos, melloras, e necesidades de Ourense en Común», explican.
Haberá petiscos e concertos de Robokop, Ukeleria e remate con pinchada do DJ Superbombo ata a medianoite.