Disputarase a 12ª edición o sábado 18 de xuño no estadio do Couto.

XII Memorial Lito de fútbol 8 alevín

Chega o XII Memorial Lito de fútbol 8 alevín. Terá lugar este sábado 18 de xuño durante todo o día no estadio do Couto.

En total serán 12 equipos os participantes que se dividirán en catro grupos de tres equipos. Os dous mellores de cada grupo pasarán a cuartos de final.

De aí haberá que ir pasando eliminatorias ata chegar á final que se disputará sobre as oito da tarde.

Durante a mañá disputarase a fase de grupos ata as 13 horas, momento no que se fará o acto da entrega floral á memoria de Lito, xunto a súa escultura.

Despois todos os participantes gozarán dun xantar na grada de preferencia do estadio.
Xa pola tarde terán lugar as eliminatorias para coñecer en que posición remata cada equipo.

Compañerismo
Este evento que chega a súa décimo segunga edición pretende fomentar o compañerismo entre os xóvenes practicantes do fútbol, ademais de fomentar o deporte de base.

A todos os participantes se lles agasallará cunha camiseta conmemorativa.