No número de xuño do periódico Barrios facemos balance dun ano de mandato en Verín, Xinzo, Allariz e Celanova.
O que deu de si este primeiro ano de goberno nas vilas de Xinzo, Verín, Celanova e Allariz, valorado polos seus alcaldes e voceiros da oposición, é un dos contidos centrais do número do mes de xuño do periódico gratuíto Barrios.
Pero ademais, entre outros contidos, contamos cunha entrevista a Alexandre Sotelino, coordinador da Asociación Rebulir de Ramirás; e informamos de como ven a Guía Peñin e The Wine Advocate os viños da Denominación de Orixe Monterrei.
Tamén recollemos o peche dos programas educativos do Concello de Verín e o que deu de si o primeiro mercado de artesanía e produto local de Vilar de Santos, así como o anuncio da Noite Meiga organizada polo comercio alaricano para o próximo día 25. O anuncio de dúas aceleradoras para formar emprendores en Xinzo e Celanova é outras das información.
Amáis, incluímos un especial Motor, e coma sempre, non falta a actualidade deportiva e cultural das comarcas de Monterrei, A Limia, Allariz e Celanova.
Bótalle un ollo no seguinte enlace.