Por parte ourensá, participan nesta misión comercial medio cento de empresas.

20 empresas estadounidenses buscan en Ourense oportunidades de negocio

Unha vintena de empresas de EEUU participan este xoves e venres na primeira misión comercial EEUU-Ourense, promovida pola Deputación de Ourense, organizada pola Fundación Advanced Leadership e avalada polo Goberno norteamericano.

Os empresarios norteamericanos foron recibidos este xoves en Ourense polo presidente da Deputación, Manuel Baltar, quen lles remarcou «as singularidades e o potencial» da provincia en materia de turismo, termalismo, agroindustria, téxtil ou tecnoloxía. As empresas que acoden a esta primeira misión comercial USA-Ourense facturan xuntas máis de 6.000 millóns de dólares anualmente e crean uns 45.000 empregos directos. Son compañías dos sectores tecnolóxico, alimentación e viños, hostaleiro e turismo e empresas de distribución, principalmente.

Favorecer sinerxias

O obxectivo desta misión é impulsar as relacións entre empresas daquel país e de Ourense en sectores que favorezan sinerxías e creación de emprego na provincia ouresana. Nela participan compañías que «foron seleccionadas en función ás oportunidades concretas que atoparamos nesta rexión, e cada unha delas se ha posta en contacto xa con outro pero é a primeira vez que se reúnen en persoa aquí», explicaba o presidente da Fundación Advanced Leadership, Juan Verde.

Tras a recepción oficial, desenvolvéronse relatorios e paneis informativos para dar a coñecer aos empresarios norteamericanos as posiblidades de investimento nos sectores estratéxicos da pprovincia, tanto por parte do Inorde como da Confederación de Empresarios de Ourense e da Cámara de Comercio. Tamén estaban previstos até 150 encontros «one to one» entre empresarios locais e estadounidenses. Por parte ourensá, acoden a esta misión 54 empresas, entre as que están algunhas das máis coñecidas como Aceites Abril, Caldaria, Copasa, Coren ou o grupo Cuevas, Hispamoldes, ou UNVI.

Na xornada do venres as empresas participantes na misión visitarán as instalacións «de los potenciale socios, distribuidores, aliados que puedan encontrar aquí», recalcaba Verde.

O presidente da Deputación agarda que esta misión marque «un antes e despois na economía de Ourense e no posicionamento do que chamamos Marca Ourense».