O alcalde de Ourense informou trala Xunta de Goberno local deste xoves que lle foi concedida ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) de licenza de obra para proxecto de execución de construción de oito vivendas de protección pública VPP na área de reparto AR-16N Alejandro Pedrosa, no barrio de Covadonga.
Estarán compostas de planta baixa, semi-soto para garaxe-aparcamento e elementos comúns; de planta primeira a planta cuarta para dúas vivendas por planta e elementos comúns; e planta baixo-cuberta para rochos e elementos comúns, segundo proxecto redactado polo arquitecto José Javier Suances Matías, cun orzamento de execución material de 533.463 euros máis IVE. O prazo de remate das obras será de tres anos.
Esta é unha das catro actuacións de promoción de vivenda pública protexida que se poñen en marcha coa colaboración do Instituto Galego de Vivenda e Solo, que suporán un investimento de preto de dous millóns de euros.
As outras tres desenvólvense no ámbito do casco vello da cidade. A primeira delas é a rehabilitación integral dun edificio para dúas vivendas na rúa Villar, 1. O proxecto orixinal xa foi entregado e está en fase de supervisión pola Oficina do IGVS. Suporá un investimento de 385.000 euros. Asegunda a reconstrución dun edificio no número 14 da rúa Cervantes, que será cedido polo Concello para esta actuación, cun importe estimado de 446.695 euros. Este ano se realizará a licitación da redacción do proxecto e dirección de obra. E finalmente, un edificio da rúa Villar 3-5 para dúas vivendas, por un importe de 407.936 euros