Até o día 15 de xullo está aberto o prazo para se inscribir no curso de formación que se celebrará en Verín e que capacita para se presentar ao exame do Celga 4. O curso está promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e organizado en colaboración co Concello de Verín. A inscrición é gratuíta e está aberta a persoas maiores de dezaseis anos, ou que os fagan até o día 31 de decembro incluído. A solicitude pódese tramitar no Concello de Verín ou no web da Xunta de Galicia.
A duración do curso é de 70 horas teórico-prácticas. O curso está previsto para as datas comprendidas entre os días 12 de setembro e 2 de novembro, e impartirase no IES García Barbón das 19:00 h ás 21:00 h. O número de participantes estará comprendido entre 15 e 30.Se o número de solicitantes e superior ao de prazas dispoñibles, a asignación farase por orde de entrada da solicitude.
Aos que se presenten e superen as probas que se celebrarán despois de que remate o curso, entrégaselle un diploma oficial avalado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que acredita o nivel de formación que obtiveron. Os diplomas Celga son válidos para calquera oposición que se convoque por organismos oficiais ou a efectos de currículo.