- Este evento ha pasado.
Exposición iFala
18 junio, 2016 @ 10:00 am - 10:00 pm
O vindeiro sábado 18 de xuño estará en Ourense a exposición iFala, na Praza do Bispo Cesáreo das 10 até as 22 horas.
No ano 1916 tiña lugar, na cidade da Coruña, un feito de grande transcendencia no decorrer cultural e político da Galiza. A comezos dese ano lanzábase a idea de constituír unha asociación cuxo primeiro nome, suxerido por Aurelio Ribalta e Antón Villar Ponte, respondía á denominación de Liga de Amigos do Idioma Galego. Poucos meses despois, o dia 18 de maio, na Real Academia Galega, fundábase unha entidade que recibiu o nome de Irmandade dos Amigos da Fala, a cal, en moi pouco tempo, pasou a se coñecer como as Irmandades da Fala, cuxo obxectivo básico era a defensa, o pulo e o espallamento do idioma galego para, posteriormente, se constituír como unha plataforma en prol da lingua, a cultura e a identidade galega.
Agora, ao se cumpriren 100 anos daquel acontecemento, a iniciativa ORA GALEGA desexa conmemorar ese centenario cunha Volta pola Irmandade. Unha exposición itinerante que leva o nome de iFala, en homenaxe ao conxunto de homes e mulleres que hai cen anos traballaron para incrementar a nosa autoestima, para defender a lingua, a cultura e a identidade galegas, para conseguir a igualdade de dereitos para a muller e para atinxir a soberanía estética, cultural e política da Galiza.
Os promoteres teñen unha páxina web http://ifala.gal/ con información e existe unha App para Android e Apple sobre a exposición.