A Denominación de Orixe Ribeiro celebra o 29 de xuño, desde as 12:30 horas, a súa Gala dos Premios D.O. Ribeiro no Mosteiro de San Clodio (Leiro). Esta cita, á que está previsto que asistan máis de 300 convidados, chega xa á súa quinta edición.
Un panel profesional de cata será o encargado de recoñecer os mellores viños brancos, de adega e de colleiteiro, e tinto da Denominación de Orixe con máis historia de Galicia, que se descubrirán mañá durante o evento.
O actor ourensán Sergio Pazos será o mestre de cerimonias dunha Gala de Premios do Ribeiro na que o humor terá unha grande importancia.
Na Gala tamén se recoñece o bo traballo dos profesionais e establecementos galegos que axudan á difusión do mundo do viño, polo que se conceden galardóns en categorías específicas. Estes premios son outorgados directamente polas adegas adscritas á Denominación.
A D.O. premiará como «Persoeiro de Honra» a Cristino Álvarez; Mayte Santa Cecilia recibirá o galardón «Muller e Viño»; Salvador Manjón o de» Mellor Tarefa de Comunicación»; e o colleiteiro Avelino Lorenzo «Vida entre vides».
Restan por coñecerse os nomes doutros tres premios. O «Mellor Servizo de Viño en Restaurante» irá para un destes tres finalistas: Restaurante Campos (Lugo), O Retiro da Costiña (Santa Comba) ou Galileo (Ourense); a «Mellor Tenda Especializada – Viñoteca» estará entre Santorum (Ourense), El Yate (Vigo) e La Sucursal (Lugo); e finalmente a «Mellor Taberna – Bar de Viños» pode ser O Bacoriño (Ferrol). Adega do San Vicente (Lugo) ou Bagos (Pontevedra).