Son os xogadores que continuarán do pasado curso. Os canteráns David, Andrew, Xinzo, Lucas, Alexis, Khalifa e Gui., ademais de Jordi, canterano do Pabellón que a pasada campaña militou no club e o central Schuster, que se incorporou no mercado invernal
Fichaxes
A falta de que a lista crezca o Ourense CF xa ten pechadas varias incorporacións.
O meta Michi, gardameta ourensán de 30 anos procedente do CD Lalín, con pasado no Lucena de 2ªB; o lateral de 29 anos e ourensán, Adrián gonzález «Gele», con pasado no CD Arenteiro e na SD Melias. Desde o Caselas chega o dianteiro Manu Ramilo, natural de Ponteareas e quen anotou 16 goles a pasada campaña, aos seus 24 anos. Do CD Boiro chega o central David Castro, natural de Xinzo de Limia (Ourense) con pasado no Rápido de Bouzas, Celta B e Alondras. Procedente do Barbadás ficha Martín Lamelas, que regresa ao club no que se formou como xogador, tras o seu paso por Terceira División aos seus 22 anos. Do Arenteiro, o mediocentro de 29 anos Víctor Gallego, natural de Allariz, que tras o seu paso polo Verín, recalou no conxunto verde as tres últimas campañas.
Sanginés
Tamén podería chegar desde o conxunto do Espiñedo, o xogador Yago Sanginés, 27 anos de idade e natural de Ourense, con pasado en 2ª B en equipos como o CD Ourense e os Montañeiros.
Baixas
Ivo non continuará no Club por motivos laborais, do mesmo xeito que tampouco renovan Cristian «Pancho», o meta Javi Vidal e o mediocentro Kopa.