O Ciclo Gas Natural Fenosa de Cine Itinerante Verano 2016 comezará a súa andadura este xoves 7 de xullo en Ourense coa proxección de “Requisitos para ser una persona normal”, unha película dirixida (e interpretada) pola actriz Leticia Dolera. O pase, que será a partir das 22:00 horas -de balde, até completar aforo- na Praza Maior de Ourense, contará coa presenza dun dos protagonistas da fita, Manuel Burque, nomeado ao Goya a Mellor Actor Revelación por esta historia. O actor charlará logo da proxección nun formato de coloquio que lles permitirá aos cinéfilos ourensáns descubrir as curiosidades e anécdotas da rodaxe.
O Ciclo Gas Natural Fenosa de Cine Itinerante, impulsado conxuntamente por Gas Natural Fenosa e a Academia de Cine, arrinca en Ourense a súa sétima edición, na que pasará por dez cidades de España levando as longametraxes que marcaron 2015 e os primeiros meses de 2016.
“Requisitos para ser una persona normal”, ópera prima de Leticia Dolera, conseguiu tres candidaturas nos Premios Goya. Esta comedia narra a historia de María de las Montañas, unha rapaza de 30 años un tanto peculiar e cun obxectivo claro na vida: converterse nunha persoa normal. Para iso, elabora unha lista cos requisitos fundamentais para selo e proponse facer todo o que sexa posible para cumplilo.
Logo de Ourense, a vindeira cita do ciclo Ciclo Gas Natural Fenosa de Cine Itinerante será Huelva. Esta xira xa achegou o mellor cine español a 35.000 espectadores de 70 localidades do país.