Os días 4, 11 e 23 de xullo e 3, 11 e 23 de agosto, a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Verín volve a saír a rúa co obxecto de acercar os libros o máis posible aos lectores, e incentivar a importancia da lectura tanto dos máis novos como do público en xeral.
Durante as mañás desas seis xornadas, que corresponden cos días de feira en Verín, e de 11 a 13 horas, voluntarios desta instalación municipal se situarán fronte á biblioteca cun stand no que se colocarán os libros máis prestados nos últimos meses; así como os clásicos de sempre, tanto de literatura infantil-xuvenil como de carácter xeral.
Ademais, con esta iniciativa búscase tamén amosar todos os servizos da Biblioteca de Verín, novidades e as distintas actividades realizadas durante o ano, aproveitando o incremento de poboación na localidade durante os meses de verán.