A concelleira socialista Ana María Rodríguez Blanco anuncia a presentación dunha moción no próximo pleno ordinario, programado para este mes, sobre o servizo de gardería. “Cómpre facilitar a conciliación laboral e familiar en agosto coa apertura da gardería e da acollida demandada por xente nova, -declara- petición rexeitada polo goberno municipal trala reclamación das familias”.
“O noso apoio á continuidade destes servizos, porque hai familias que non teñen posibilidade de coidado compatible co traballo, mesmo teñen que renunciar á actividade laboral, que a estacionalidade favorece” -engade.
Asimesmo a concelleira critica a desaparición das actividades infantís en xullo e agosto, agás a semana das festas, polas mañás, que en colaboración coa Cruz Vermella viñan desenvolvéndose dende hai unha década. “O goberno municipal abandona programas de atención á infancia amosando falla de sensibilidade social como a carencia de recursos a becas, reforzos, e emerxencias” –conclúe.