Debido á gran demanda alcanzada este ano polo Campamento do Invernadoiro, que terá lugar do 22 ao 27 de agosto, desde a Concellería de Mocidade de Verín decidiuse organizar un novo campamento extraordinario que comezará o próximo 27 de agosto e estenderase ata o 1 de setembro. Así o confirmaron o tenente de alcalde e concelleiro da área de Mocidade, Diego Lourenzo e a técnica da Oficina da Oficina de Información Xuvenil, Blanca López Mascareñas.
Diego Lourenzo explicou que “tras quedar máis de medio centenar de nenos e nenas en lista de espera para a edición ordinaria do Campamento do Invernadoiro, o Concello de Verín decidiu organizar, do 27 de agosto ao 1 de septiembre, un novo grupo extraordinario que constará de cincuenta prazas e que permitirá que o maior número posible dos menores apuntados poidan disfrutar desta completa iniciativa.
Pola súa parte, Blanca López indicou que as persoas interesadas en inscribirse neste grupo extraordinario do Campamento do Invernadoiro poden facelo a partir do mércores 13 de xullo na Oficina Municipal de Información Xuvenil na Casa da Xuventude de Verín ou no teléfono 988 414 776.