Estanislao Reverter Sequeiros (1929-1991) foi nomeado fillo predilecto da cidade de Ourense este mércores 13 de xullo de 2016. 25 anos despois do seu pasamento o impulsor do Rali de Ourense ten o merecido recoñecemento a unha vida adicada ao deporte.
Por todos é coñecida a súa participación, como piloto en ralis como o de Montecarlo (valedeiro para o Mundial de ralis), a creación do Renault Alpinche e o impulsor do Rali de Ourense. Pero hai outras facetas non tan destacadas e igual (ou máis) sorprendentes. Como que no ano 72 o que fora presidente do Comité Olímpico Internacional, José Antonio Samaranch, encargoulle organizar en Ourense un preolímpico de balonmán valedeiro para Munich 72. A boa organización do evento levouno a ser condecorado coa medalla ao mérito deportivo.
Tamén tivo a súa faceta política sendo diputado de UCD no ano 1977 addemais de ser membro da corporación municipal.
Durante a cerimonia saíron á luz anécdotas que explican ás claras como era o personaxe; chegando a ser incluso noticia no diario local. Corría o ano 40 do século 20 cando un xoven Reverter foi reprendido pola autoridade cando baixaba a toda velocidade pola Ponte Romana.
Tamén se lembrou que se lle ofreceu nos anos 60 un posto de piloto oficial nunha empresa. O seu amor por esta terra fixo que rexeitara a oferta.
Xardín
A decisión de nomealo fillo predilecto vén acompañada doutra homenaxe, o lugar onde está a escultura de Reverter e Coleman co mítico Alpinche pasará a chamarse Xardín Estanislao Reverter.