Publicado o Barrios do mes de xullo

No número de xullo de Barrios, levamos como fotografías de portada as festas de Xinzo e as xornadas etnográficas de Allariz.

No interior da publicación de referencia para as localidades de Verín, Xinzo, Allariz e Celanova, informamos de que un viño da Denominación de Orixe Monterrei foi elixido mellor tinto de Galicia, do primeiro Festival de Curtas que organizará o Concello de Verín, da realización de obras de mellora do saneamento e abastecemento en Riós, Oímbra e Cualedro, e da posta en marcha por parte de Coren dunha planta de tratamento de xurros en Celanova.

 

Asemade, recollemos as repercusións en Xinzo da decisión de dedicar as Letras Galegas de 2017 ao escritor Carlos Casares, e os resultados do Campionato de España de BTT celebrado en Maceda, onde Iván Feijoo e Pablo Rodríguez foron profetas na súa terra.

Unha reportaxe sobre a nova directiva da Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Allariz é outro dos contidos deste número de xullo, que podes consultar completo no seguinte enlace.