Seis carreiras de cabalos terán lugar durante á tarde do 24 para os amantes deste tipo de eventos.
En sesión vespertina a primeira delas terá lugar ás 17 horas (1.700 metros de distancia). Ás 17:40 h dará comezo a segunda (2.300m) para que ás 18:20 teña lugar a terceira (1.200m). A cuarta carreira está prevista para as 19 horas (1.200m) e a quinta para as 19:40 (1.550m). Pecha a competición a última delas que será ás 20:20 horas (1.550m).
Cinco cabalos participarán en cada unha das tres primeiras carreiras. Na cuarta o farán oito, sendo esta a máis numerosa. Para a penúltima do día sairán a pista catro cabalos e na última correrán seis.
La Cañiza
Unha das atraccións desta xornada se centra na egua La Cañiza. Invita en Antela, estará montada por Daniel Rivas. Buscará unha nova vitoria que acrecente a súa fama.