A Fundación Curros Enríquez en colaboración co Concello de Celanova organiza para a primeira quincena de agosto dous obradoiros de manualidades, xogos e búsquedas de tesouros impartidos por Xurxemurxe Xestión Cultural.
Así, do 1 ao 5, de 11 a 13 horas na Aula Cemit, os máis pequenos da casa (de entre 3 e 6 anos) gozarán con “De festa en festa e tiro porque me presta”!, unha iniciativa que busca que os pequenos aprendan xogando sobre tradicionais festas galegas, como é o Entroido, Os Maios e San Xoán.
E do 8 ao 12, no mesmo horario, será o truno do taller “Somos artistas!”, para rapaces de 3 a 12 anos, que traballarán sobre arte, historia e literatura nun lugar emblemático da vila, a Casa dos Poetas.
Os interesados en participar no obradoiro que comeza o día 8 aínda poden inscribirse na Fundación Curros Enríquez a través do 646 026 421.