O BNG de Celanova asistiu ao pleno celebrado este 2 de agosto para comunicarlle ao alcalde a irregularidade na convocatoria.
O nacionalista Gonzalo López Pérez manifestou que “xa son moitos os acordos plenarios que o alcalde se salta sistematicamente” e lembra que as datas de celebración das sesións ordinarias quedaron fixadas nun pleno de organización, para o último martes dos meses de xaneiro, marzo, maio, xullo, setembro e novembro “polo que esta convocatoria para ser ordinaria ten que traer na orde do día un cambio de data ou ben facer a convocatoria como extraordinaria”.
“Esta non e mais que unha mostra da desidia, improvisación e abuso de poder por parte do alcalde de Celanova, convertindo o seu labor nun todo vale, amparandose na maioría absoluta que ostenta”, denuncian.
O ano pasado xa sucedeu o mesmo e o portavoz do BNG non puido asistir ao pleno, que si se celebrou na data que corresponde, “pero esta vez mudou a data o alcalde e non queremos pensar que o motivo sexa a celebración da sesion plenaria coa ausencia de membros da oposición”, conclúen.