No Open de Galicia de BTT XCO.

O CC Maceda, mellor equipo de Galicia

Arteixo poñía o punto e final do Open de Galicia de BTT XCO nunha proba na que, Saúl López e Carlos Canal, ciclistas do Academia Postal Actyon Maceda vencía na categoría elite e cadete, respectivamente.

O equipo macedán lograba un total de sete podios nesta ultima cita rexional que deu comezo aló polo mes de marzo.

Clasificación final
Despois de disputadas todas as probas do Open, Román Saa (en júniors) facíase co título, secundado no podio por Abel Franco quen firmou un subcampionato.

Carlos Canal e Antía Martínez proclamáronse campións en cadetes, masculino e feminina, respectivamente. Ademais, Saúl López foi segundo en elite e Raúl González, terceiro en sub23.

Equipos
Por equipos, o Academia Postal Actyon Maceda proclamabase campión recibindo o trofeo que o acredita como mellor equipo galego.