O xogador que militou en Segunda e Segunda B quere facer crecer á Unión Deportiva Ourense.

Rubén Durán aposta pola UD Ourense

Habían anunciado desde o club que a plantilla estaba pechada a non ser que chegara unha oportunidade de traer a alguén que marque diferenzas. E esa fichaxe chegou.

Trátase de Rubén Durán, un xogador que militou en Club Deportivo Ourense. Ademais o seu periplo futbolístico o levou por media España xogando en Segunda e en Segunda División B. Vestiu a camiseta de equipos como Lugo, Rácing de Santander, Real Unión ou o último, Marbella.

O centrocampista, aínda que se se lle presenta unha gran oportunidade de marchar o fará, pretende consolidar un proxecto unionista que o leve «a onda estivo o CD Ourense», comentaba o futbolista.

O xogador tamén será monitor nun equipo da base. En canto á decisión de aceptar a oferta unionista Durán asegurou que o decidira «xunto coa familia», aseguraba.

Directiva
Desde a directiva franxivermella están encantados coa fichaxe. Para o director deportivo, José Ramón Dacosta, «presentar a Rubén Durán é un orgullo»; mentres que o Doctor Cabaleiro mostrabase «asombrado» de que tomara a decisión de vestir a camiseta unionista. Pola súa banda, o seu novo adestrador, Antonio Dacosta ademais de darlle a benvida estaba convencido de que «daría un salto cualitativo á plantilla».