O Concello de Allariz formalizou a firma do chamado “Compromiso polo Xardín” da Comunidade Verde, un decálogo co que esta organización sen ánimo de lucro quere involucrar aos responsables públicos en promover accións que impulsen máis e mellores zonas verdes públicas e privadas nas cidades para que a sociedade poida obter todos os beneficios sociais, ambientais, económicos e para a saúde das persoas que estas proporcionan.
O Concello de Allariz caracterizouse desde fai anos pola revalorización dos espazos naturais do seu municipio como dinamizadora do turismo e a economía local. Allariz é, desde fai uns anos, un referente en canto a conservación, potenciación e revalorización dos espazos naturais no seu municipio e converteu este feito nun dos seus principais elementos de identidade. Non en balde atópase enmarcado nunha zona declarada
reserva da biosfera pola UNESCO. Claro exemplo do valor que da á natureza urbana foi a creación en 2010 do Festival Internacional
de Xardíns de Allariz, unha iniciativa única en España que se consolidou como unha importante cita no panorama paisaxístico e únese ao circuíto internacional da súa categoría.
A aposta do Concello de Allariz polo impulso das zonas verdes como motor do turismo e da economía local coincide plenamente cun dos ámbitos de beneficio que a Comunidade Verde preconiza, o beneficio económico, entre os moitos que xardinería e zonas verdes aportan á sociedade.
Por esta razón, ambas organizacións formalizan a adhesión e apoio do Concello de Allariz ao Compromiso polo Xardín da Comunidade Verde.