O Concello de Bande acollerá o día 20 de agosto, a III edición da BTT do Peixe que conta cun percorrido de 37 quilómetros de dificultade media-alta.
A saída desta proba que terá lugar ás 9.00 horas, na Praza da Constitución do municipio. O percorrido foi cambiado con respecto ao ano pasado.
Desde a organización porán a disposición dos participantes un servizo de aluguer de bicicletas, que lle van permitir recoller a bicicleta e entregala no propio punto de saída
Inscricións
Os interesados en participar poderán inscribirse ata o día 16 de agosto, a través da páxina web www.bandebtt.es, ou nas dependencias do Concello ou do Pavillón de Bande. O prezo da inscrición é de 10 euros e inclúe un obsequio dunha mochila técnica, unha paella para todos os participantes ao finalizar a ruta, e acceso gratuíto ás piscinas do concello.