O xoves ás 20:30 horas II memorial CD Ourense no Couto.

O Compostela tamén rendirá homenaxe a CD Ourense

A Unión Deportiva Ourense organiza o segundo memorial Club Deportivo Ourense. Se o ano pasado o rival fora o Pontevedra, nesta ocasión tócalle o turno ao Compostela.

O encontro terá lugar este xoves a partir das 20:30 horas no estadio do Couto. Será o segundo encontro de pretempada dos de Antonio Dacosta, logo de que venceran o pasado domingo ao Maceda por 0-5.

Entradas
O prezo das entradas para este encontro serán de 5 euros. Para socios e abonados será de balde.

Os que merquen s entrada e queiran logo facerse socios ou abonados descontaráselles cinco euros no prezo do mesmo.

Tamén, se alguén quere facerse socio ese mesmo día, o club porá a voluntarios para ese cometido ata cinco minutos antes de que comece o encontro. Desde a directiva avisan que quen se quera facer socio, gardando a entrada do encontro poderá facerse noutro momento.

Sorteos
Como vén sendo habitual nos encontros dos unionistas na casa sorterarase un xamón. Pera ademais, neste encotro, realizarase un segundo sorteo. O gañador do mesmo levarase un lote de tres camisetas históricas de CD Ourense.

Socios
A estas alturas de pretempada o club xa leva 300 socios ou abonados, polo que o ritmo está a ser moi positivo. Cabe recordar que o club espera este ano chegar aos 1.500 socios. Os puntos para facerse socios son Cervecería Moucho, Sequesport, Cafetería Pabellón e nas propias oficinas do club no Couto.