A Feira do Viño de Monterrei, imaxe de portada do número de agosto de Barrios

No interior da publicación, informamos sobre o estudo de viabilidade do Concello de Verín para desenvolver o polígono empresarial de Tamagos,  sobre os investimentos da Xunta nos concellos de Baltar, Trasmiras, Cualedro e A Merca, sobre a decisión da Fundación Curros Enríquez de entregar o premio “Celanova, Casa dos Poetas” ao Padre Fontes ou de como as escavacións deste verán no castro de Armea deixaron o sector Valvís listo para a súa musealización.

 

Amais,incluímos unha reportaxe sobre vivir do campo na comarca da Limia, a través do testemuño dun matrimonio de agricultores de Vilar de Santos, e unha entrevista ao ex adestrador do Celanova de fútbol sala feminino, Javier Rey.

A reapertura das fontes tradicionais de Verín, os proxectos que se presentaron aos espazos coworking de Xinzo e Celanova ou as etapas ourensás da Vuelta Ciclista a España, son outros dos contidos deste número, que podes consultar no seguinte enlace.