O programa da Festa da Empanada de Allariz ábrese o sábado 20 de agosto co tradicional campionato de Billarda no Campo da Barreira. Pola tarde, ás 18:00h, disputarase a proba do tríatlon e ás 21:00h a Banda Unión Musical de Allariz ofrecerá un concerto nos xardíns do Museo do Coiro, seguido, ás 24:00h do concerto do grupo All in rock Band que fará un tributo ás bandas U2, Guns N´Roses, Dire Straits, AC/DC e Lenny kravitz, entre outros.
Xa o domingo, ás 11:00h terá lugar a Regata de Piragüismo, que sairá do embarcadoiro da Alameda. Á mesma hora, abrirase a Festa Campestre no campo de Vilanova, cos postos onde degustar e mercar empanada durante todo o día. Ás 12:00h desfilarán os xigantes e cabezudos acompañados polo grupo de gaitas De Pé Feito, dende a Casa da Cultura ata o Campo de Vilanova e ás 13:00h o concerto da Banda de Música A Lira, de Ribadavia, que repetirá ás 20:00h. Pola tarde haberá máis actividades como o Concerto Baile- Pesdelán, ou o partido de fútbol no Seixo e a partir das 21:30h baile popular coa Orquestra Nevada e ás 22:30h prestación do grupo de Folk Fusión Batemento.