O campo do Seixo volverá acoller unha nova edición -a oitava- do Memorial Manolo Arnoya que reúne a catro equipos de categoría xuvenil este sábado 27 de agosto.
Os equipos participantes nesta ocasión serán: Deportivo de La Coruña, CD Lugo, Real Madrid e Pabellón Ourense.
A competición disputarase en formato de semifinal e final. Pola mañá do sábado xogaranse as semifinais Real Madrid – Pabellón (10 horas) e o Lugo – Deportivo (12 horas). Pola tarde os perdedores dos dous encontros xogarán polo terceiro e cuarto posto ás 17 horas; a final está programada para ás 19 horas entre os vencedores das dúas semifinais.
Prezos
O prezo das entradas para ver os partidos son de 3 euros para os encontros da mañá ou da tarde. O bono para ver todos os partidos -catro en total- ten un custe de 5 euros. Os menores de 12 anos e xogadores da Escola de Fútbol Santa Cruz de Arrabaldo entrarán gratis.
Internacional
Desde a organización pretendían este ano darlle internacionalidade ao torneo. Para elo, querían contar con equipos portugueses, pero estes non puideron acudir debido a que comezan a súa Liga.