As páxinas centrais son unha galería de imaxes dos mellores momentos que nos deixou a ronda española ao seu paso por Ourense.
Tamés sacamos en portada ao Campus Uni Ourense Rugby, equipo que este ano militará na División de Honra B e que se está a reforzar con grandes xogadores.
Aproveitando o paso de La Vuelta, as dúas rodas collen protagonismo esta ocasión co campionato de España e o Mini BTT que se celebraron en Maceda.
O fútbol regresa a escena coa disputa das primeiras xornadas de liga e da Copa Deputación. En canto ao fútbol sala, a selección española disputou un amigable no Paco Paz.
O COB comeza a moverse e xa ten a metade da plantilla contratada. Falta a outra metade e a pretempada comeza o vindeiro luns. En kickboxing, o ourensán Manu Míguez jr, proclamouse campión de Europa.
Natación, salvamento acuático, atletismo e moito máis no número 144 do Barrios Deportivo.
Se queres ver ou consultar o periódico pincha neste enlace. Pincha