O Concello de Ourense avanza nos preparativos da Cabalgata de Reis, que un ano máis volverá ser unha das principais e máis participativas citas das Festas do Nadal. Este venres, a través dos correspondentes anuncios no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, licita a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de deseño e produción das carrozas que portarán aos Reis Magos a aos seus acompañantes o día 5 de xaneiro ao seu paso pola cidade. Os proveedores interesados dispoñen agora dun prazo de 15 días naturais para presentar as súas propostas ao Concello, a través do Rexistro Xerral.
O orzamento de licitación son 27.000 euros, IVE incluido. As empresas interesadas en deseñar e elaborar as carrozas deberán presentar bosquexos de cada unha delas, con descrición dos elementos estruturais, artísticos e estéticos que as compoñen e, en particulpar, das características técnicas de obrigado cumprimento, así como a decoración, iluminación e sonorización, que devberán ser acordes coa temática de cada unha.
En canto a deseño, as cinco carrozas poderán ter distintos motivos pero mantendo unha liña estética e temática unitaria baseada no tema “Os Reis máxicos, astrólogos e adiviños·. Valoraranse na selección a creatividade e a innovación respectos a deseños dos anos anteriores, que os deseños sexan atractivos visulamente en coloridos, composición, orixinalidade e innovación. Os criterios de adxudicación serán a oferta económica (ata 55 puntos) e a calidade artística e estética dos bosquexos (45).
O prego do concurso establece que todas as carrozas deberán estar totalmente rematadas antes das 12 horas do día 15 de novembro, nese momento, persoal da Concellería de Cultura comprobará se os traballos realizados cumpren con todas as condicións técnicas estipuladas nas bases. De non ser así, realizar as modificacións oportunas.