- Este evento ha pasado.
Presentación do libro: «Tocábanos crecer»
2 septiembre, 2016 @ 8:00 pm - 9:00 pm
O vindeiro venres 2 de setembro, ás 20:00 horas, a Biblioteca Municipal de Verín acolle a presentación da obra «Tocábanos crecer», a primeira obra escrita polo verinés Manuel López Cid.
Esta obra atópase composta por numerosos relatos curtos que pretenden encadearse entre eles mediante o apego e o cume do sentimento amoroso en tódolos sentidos da vida, profundizando deste xeito nun sensíbel ser humano.
Segundo o autor, a publicación deste libro era un soño que desexaba ser transportado á realidade dende esa infancia rechea de libros e deberes e que agora pode dicir orgulloso que esa constante ilusión xa é unha realidade, unha realidade adicada aos seus avós.
Manuel López Cid
Manuel naceu e medrou en Verín, cursando os estudos obrigatorios no centro María Inmaculada e bacharelato -Ciencias da Saúde- no IES García Barbón, pondo rumbo despois cara Santiago de Compostela onde actualmente está por finalizar a súa formación en Psicoloxía.
É precisamente durante os anos escolares cando sae relucir a súa necesidade imperiosa de escribir, dende aqueles relatos en forma de deberes reclamados por Xesús na educación primaria ata o apoio en termos literarios de Inma -xa durante o bacharelato-, pasando pola motivación inferida por Manolo na secundaria. Nestes termos, desexa dá-las grazas ó traballo de todos eles, nunca valorable na súa xusta medida.
López Cid destaca que a súa paixón cara a creación litearia non sería tan intensa se non fora pola recurrente imaxinación e empeño que adicaba aos deberes de lingua e literatura tanto na primaria coma na secundaria.