Publicado o último número de Ourense por Barrios

Os últimos días de obras na rúa Concello e a próxima apertura do centro de saúde do Couto son as imaxes da portada dun número no que tamén entrevistamos ao concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede.

No interior da publicación gratuíta, informamos dalgunhas obras anunciadas no último mes no noso concello, como o arranxo da área termal de Outariz ou a dotación de iluminación para a pasarela de Oira. Tamén recollemos as posturas dos grupos municipais a redor da xestión da Praza de Abastos da Ponte. E de cara ás eleccións autonómicas do 25 de setembro, pómoslle cara aos candidatos por Ourense.


Unha entrevista ao presidente do centro comercial aberto do suroeste ourensán, Manuel Mosquera, a presentación da programación infantil do Auditorio, e a polémica das tarxetas de estacionamento concedidas a enfermos de Crohn e colite ulcerosa son outros dos contidos deste número.

Un especial volta ao cole, as imaxes dos mes, os artigos dos nosos colaboradores e a actualidade deportiva completan un número que podes consultar íntegro no seguinte enlace.