O 11 de setembro, a praza Maior e a de Abaixo, acollen unha nova edición do mercado "Arte de man".

Mercado de artesanía en Allariz

O próximo 11 de setembro, de 11 a 20 horas, preto dunha trintena de artesáns, ubicados na praza Maior e a de Abaixo, achegarán a veciños e visitantes de Allariz o seu traballo durante o o tradicional mercado «Arte de man».

Cerámica, gravados, escultura, tecidos, macramé, pintura, esmaltes ou ebanistería son algunhas das especialidades artesás que os que se acheguen á vila poderán descubrir en vivo da man de profesionais.

Así mesmo, ao longo de toda a xornada, varios obradoiros (de tecidos, complementos, cestería e madeira) permitirán aos participantes ser eles os creadores por un día.