Despois da semana cultural, que tivo lugar entre os pasados 29 de agosto e 2 de setembro, dende a asociación de veciños As Eiroás poñen en marcha unha serie de charlas-coloquio para “formar e informar á veciñanza no referente aos tratos coas diferentes administracións. Para coñecer mellor os nosos dereitos e deberes”.
O programa recibe o nome de “CidadEiros” e conta coa colaboración desinteresada de diversaos profesionais que aportarán información e coñecemento sobre as temáticas escollidas.
Estas charlas terán lugar sempre que sexa posible o primeiro mércores de cada mes ás 20 horas, e a primeira delas estará adicada a mobilidade e á seguridade, da man de Maxi Cid Ferro, da Asociación de Mobilidade e Prevención de Accidentes de Tráfico (PAT), que introducirá, entre outros temas, diversos aspectos de educación viaria, prevención de feitos delictivos ou a quen acudir cando detectemos algunha irregularidade no noso barrio. Esta charla será este 7 de setembro ás 20 horas no local social.
De seguido, durante o resto de ano tratarán a Lei da Dependencia (5 de outubro, con Irene Somoza Sampayo); limpeza e recollida de residuos (9 de novembro, con César F. Nogueiras e Salva Blanco) e infraestruturas (con Carlos Pérez Paz e Gerardo Cid).