A Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde vén de facer pública a adxudicación, por un orzamento de 952.562 euros, do concurso aberto para a adquisición de parte do mobiliario destinado ao novo Edificio de Hospitalización do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
O novo concurso dotacional de hospitalización, camas, mesiñas e sillóns de pacientes, forma parte da serie de concursos que o Servizo Galego de Saúde está a licitar para o equipamento da ampliación do CHUO, e que se prevée se sucedan ao longo deste ano para completar o previsto, como comunicacións, salas de docencia, cociña, etc.
O investimento en mobiliario para o novo edificio súmase á realizada, tamén este ano, de diversos lotes de equipamento electromédico e mobiliario con destino ás Unidades de Hospitalización Experimental, cun importe final de 626.000 euros.
Este último equipamento experimental, xa instalado, inclúe ademais do mobiliario específico para as unidades de hospitalización experimental (53 camas, sillóns de pacientes e acompañantes), ecógrafos portátiles de última xeración, e distinto equipamento específico previsto para o desenvolvemento dos proxectos de innovación previstos nestas unidades, no marco do proxecto H2050.