A tarde do sábado 17 -de 15 a 20 horas- e a mañá do domingo 18 -de 11 a 13:30- celebrarase este evento no que se farán catro mangas (tres o sábado e unha o domingo) e cada piloto descartará a peor.
Os participantes teñen que realizar 10 maniobras en estático e en movemento. Son voos simétricos e para que os afeccionados o poidan seguir da mellor maneira posible, as figuras que van a realizar os pilotos estarán expostas nuns paneis.
Haberá dúas categorías: absoluta e avanzada. Na absoluta se decidirá os integrantes da selección española para as vindeiras citas internacionais.
Ourensáns
Por parte de Club Aeromodelismo Ourense participan nesta competición David Prada Martínez, piloto na categoría Avanzada e Ángel Mon, que actuará como xuíz de pista desta competición.
O resto dos pilotos, 10 en total, pertencen a outras comunidades: Castela e León, Navarra, Madrid, Comunidade Valenciana, Rioxa e Asturias.