A ronda ciclista galega chega á vila ourensán o sábado 17 de setembro.

Cortes de tráfico en Verín pola Volta a Galicia

A 15ª edición desta proba ciclista levará aos participantes a Verín na cuarta e penúltima etapa. En total serán 131 quilómetros con saída e chegada en Verín.

Por iso, desde o Concello de Verín informan dos cortes de tráfico. Entre as 13.30 e as 18.00 horas, procederase ao corte de xeito progresivo da N-525, N-532, Ou-113 e a Avenida de Sousas Ou-310 -todas elas ao seu paso polo termo municipal de Verín-. Motivo polo cal pregan a colaboración e comprensión de todos os veciños polas molestias causadas polo desenrolo deste evento.

Etapa
A etapa de Verín, de 131 km, terá tres subidas puntuables para o maillot da montaña. Mención especial para a de Vilardevós, de segunda categoría situada a 15 quilómetros da liña de meta.