Os xardíns ao carón da ponte do Milenio foron o escenario da celebración en Ourense do Día do olimpismo galego. Alí homenaxearon ao ourensán Julio Fernández coa medalla Pierre de Cubertin.
Fernández é o fundador do club Athlos, introductor do bádminton na nosa provincia; ademais foi o creador da carreira popular do San Martiño aló polo 1977, este ano cúmprense 40 anos da cita atlética máis importante de Galicia. Este ourensán é un claro amante do deporte como forma de vida e inculcador de valores; tamén apostou nos seus anos de docente en formar aos mozos no ámbito deportivo.
Durante a entrega da medalla vuise a un homenaxeado moi emocionado dicindo que non era merecedor de «tal distinción». Pero o legado de Julio Fernández fai que sexa máis que acreedor desta consideración.
No acto tamén se descubriu un monolito cos aros olímpicos que recordaban a data do 16 de setembro de 2016, día no que se fixo esta homenaxe. Outro dos eventos foi a prantación dun olivo xunto ao monolito (o olivo é representativo dos vencedores nos Xogos Olímpicos).