Durante os últimos meses dende a Asociación Veciñal As Termas, situada nas Vivendas Sociais ao carón da Estación de Autobuses, leva reclamando a Concello e Xunta información sobre os usos previstos para o solar unha vez se poña en marcha a nova terminal.
Dende a Asociación Veciñal As Termas, afirman: “As preto de mil veciñas e veciños que residen ao carón da Estación de Autobuses serán as máis afectadas polos futuros usos que teña a zona e do futuro das liñas de autobús urbano que alí teñen parada por elo dende a Asociación Veciñal estaremos activos para que se nos informe e se se nos teña en conta ”.
Motivos polos cales dende a Asociación Veciñal, por parte do presidente Ángel Gómez, advirte: “ A todos os partidos políticos que visiten o barrio para pedir o voto, vámoslle esixir que se comprometan a traballar inmediatamente para evitar o abandono do solar e do edificio”.
Engadindo: “A cidade ten a oportunidade de non cometer o mesmo erro que coa cárcere vella hai marxe de tempo suficiente para de buscar de maneira consensuada novos usos previndo que unha vez trasladado o equipamento actual quede abandonado”.
Na reunión mantida esta semana o PSdeG explicou o resultado da moción levada a Pleno sobre a Estación de Autobuses máis doutros compromisos.
Unha reunión que foi aproveitada pola Asociación Veciñal para trasladar as esixencias das veciñas e veciños do barrio.