Os establecementos de hostalaría de Ourense poden inscribirse ata o 30 de setembro na próxima edición, que será a novena, do concurso de pinchos “Sabores de Ourense” se desenvolverá desde o día 28 de outubro ata o 13 de novembro na cidade.
O certame, que organiza o Concello e a Unión de Hostaleiros de Ourense, escolle estas datas para coincidir co Festival de Cine Internacional de Ourense que comeza o mesmo día, e o Magosto, o día 11, dotando así dun especial e dobre atractivo coa finalidade de reforzar o posicionamento da cidade como un destino turístico durante estas datas.
Os establecementos deberán pagar unha cota de inscrición de 50 euros e entregar debidamente cuberto o formulario que poden atopar na web da Concellería de Turismo http://www.turismodeourense.gal/concurso-pinchos-outono-2016.
De acordo coas bases do concurso aprobadas onte pola xunta de goberno local, os pinchos deberán elaborarse con algún dos produtos de tempada, cogomelos ou castañas e terán un prezo máximo de 2,50 euros..
O certame outorgará 3 premios elixidos por un xurado profesional, 3 premios do público e 1 premio para o mellor pincho para celíacos.
Ademais, o gañador do concurso representará a Ourense no concurso autonómico «De Tapas por Galicia».