- Este evento ha pasado.
Exposición: «Rodeira Monocolor»
26 septiembre, 2016 - 31 diciembre, 2016
Rodeira en b/n, ou monocolor, é unha apreciación persoal do fotografo J.L Diz (O Carballiño, 1950) que a retratou, xa que a praia de Rodeira, en Cangas do Morrazo, en realidade ten cor.
As cores de identidade de Rodeira son basicamente azul e amarelo: Azul por o mar que ten ó fronte e parcialmente a cobre todos os días, e amarelo das súas finas areas que bisbisean ó paso da ondas que morren nas beiras.
A alteridade póñena as diferentes xentes que alí se concentran día a día durante o verán, cos seus tecidos multicolores, sombrillas publicitarias, etc. e ten que ser de novo o remate da temporada a que lle restitúa a súa orixinaria identidade de cores.
A exposición pódese ver no Policlínico Sáenz Díez de 9 a 13 e de 16 a 20 horas.