- Este evento ha pasado.
Cine: «Cautiva»
29 septiembre, 2016 @ 6:00 pm
4€ – 5€O Cineclube Padre Feijoo inicia un ciclo adicado ao cine do Extremo Oriente: «Tránsito Asia», coa proxección de «Cautiva» este mércores 28 de setembro.
Therese Bourgoine, unha voluntaria francesa que participa nunha misión humanitaria na illa de Palawan, un territorio salvaxe de xunglas e montañas, é secuestrda polo grupo «Abu Sayyaf», un movemento xihadista que preconiza a independencia dun estado fundamentalista islámico que englobaría o oeste de Mindanao e o arquipélago de Sulu. Dirixida por Brillante Mendoza no ano 2012 e protagonizada por isabelle Huppert é unha coproducción filipino francesa
Haberá sesións ás 18.00, 20.30 e ás 23.00 horas. A entrada é de 4 euros para socios e 5 para público xeral.