Un total de 44 veciños de Ourense presentaron no Concello a súa solicitude para xestionar un dos hortos municipais acondicionados polo Concello en Mariñamansa e Montealegre.
O Concello expón ao público a través da súa web e no taboleiro de edictos a lista provisional de admitidos (34 persoas) e a lista provisional de excluídos por non presentar a documentación solicitada para obter a autorización (10). Estas persoas dispoñen dun prazo de 10 días para presentar reclamacións e/ou emendar as posibles deficiencias na documentación presentada. Unha vez elaborado o listado definitivo de admitidos, os hortos adxudicaranse a través dun sorteo.
Co uso dos hortos municipais o Concello pretende fomentar accións que repercutan no benestar das persoas, mediante a ocupación de ocio, a mellora da sanidade alimentaria e a protección do medio ambiente.
Están incluidos nesta convocatoria 46 hortos en Montealegre e 18 en Mariñamansa. Isto é, todos os construídos agás 5 en Montealegre e 2 en Mariñamansa que están destinados a persoas con mobilidade reducida, e que terán sorteo propio.
Una vez adxudicados os hortos, en caso de quedar algún dispoñible, o Concello realizará unha nova convocatoria, para que máis persoas podan presentarse.