- Este evento ha pasado.
Presentación de libro: «Albión Galaica»
6 octubre, 2016 @ 7:30 pm - 8:30 pm
O vindeiro xoves 6 de outubro ás 19:30 horas, a Biblioteca do Concello de Verín acolle a presentación do libro «ALBIÓN GALAICA”. Unha viaxe polas antigüidades e tradicións de Gales e Inglaterra» do autor Miguel Losada.
Este libro recolle as experiencias do autor Miguel Losada e de Rafa Quintía, quen asina o prólogo, vivencias e conclusións xeradas unha viaxe de investigación realizada a Inglaterra e Gales no inverno do 2013.
Estamos ante un libro ameno, rigoroso, enormemente divulgativo e cheo de contidos interesantes que seguro serán do agrado para todos os amantes da historia e a antropoloxía.
Miguel Losada
Nado na Pobra de Trives no ano 1967. Licenciado en Dereito, Diplomado en Xestión Medioambiental e Técnico Proxectista en Aplicacións de Enerxía Solar. Cursou tamén estudos de Antropoloxía e actualmente cursa o Grado de Xeografía e Historia. É membro fundador e secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) onde, ademais de labores de investigación, opera tamén como realizador audiovisual, redactor e tradutor da lingua francesa.
É redactor xefe da publicación Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza e como investigador independente é autor de diversos artigos etnográficos publicados en distintas revistas especializadas. É realizador numerosas pezas audiovisuais para o proxecto Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega.