A vila de Allariz acollerá o vindeiro domingo 9 de outubro a Festa Primagas, un evento para presentar e celebrar a chegada de Primagas, empresa especializada en gas que ofrece solucións enerxéticas eficientes e limpas nas zonas non urbanas, a Galicia.
A Festa Primagas, que se celebrará no Campo da Feira – A Barreira de 11:30h a 14:30h, contará coa actuación musical de Os Tristes, o dúo formado polos humoristas Marcos Pereiro e Federico Pérez. Tamén haberá unha degustación de polbo e filloas, inchables para os máis pequenos, xogos populares e música de animación, entre outras actividades.
Toda a recadación acadada nos postos de comida irá destinada á Asociación Puzzle de Allariz, unha entidade que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade. A Festa Primagas conta tamén coa colaboración do Concello de Allariz.
Con máis de 20 anos de experiencia no mercado español, Primagas aterra en Galicia para mellorar as condicións de vida dos habitantes das zonas non urbanas, ofrecéndolles alternativas enerxéticas eficientes e limpas.